Aghora que me vai dando O pelo pola cintura Xa pode saber meu pai Que aghora xa non son súa Xa pode saber meu pai Que aghora xa non son súa Ai de min que sendo nena Dei palabra a un mancebo Agora que son doncela Cumprila non me atrevo Agora que son doncela Cumprila non me atrevo Casadiña fai tres días Non me canso de chorar Pola vida de solteira Que non hei de recobrar Pola vida de solteira Que non hei de recobrar Caseime miña naiciña Caseime, mala hora Paso fame mais traballo Que aínda de min fai mofa Paso fame mais traballo Que aínda de min fai mofa Casadiña hai tres días Non se cansa de chorar