Alá enriba está bande Coma unha estampa antiga Dibuxada no aire, Alá enriba está bande. Pendurada do vento, Bande das verdes corgas Cinguidas de silencio, Pendurada do vento. A maina primaveira Alcende fogueiradas De froles amarelas, A maina primaveira. Altas terras da limia Dos outonos dourados E das chousas sombrizas. Altas terras da limia. Nas encostas da serra Branquexan os xestedos Coma río de néboa, Nas encostas da serra Nos camiños do vieiro Onde o corisco funga Ten o seu pazo o inverno, Nos camiños do vieiro. Vila noble e labrega, Das touzas avesías I as paisaxes esgrevias, Vila noble e labrega. Alá embaixo, entre seixos, Pasa o río cantando Unha canción de arrieiro, Alá embaixo, entre seixos. Adeus, voume alonxando, Anque por fóra ledo, Por dentro vou chorando, Adeus, voume alonxando, Quen poidera mirarte Dende o cume do outeiro Santa comba de bande, Quen poidera mirarte.