Desigualdade, en calquer parte, Ti formas parte, o norte trae a morte Daqueles veciños do sul, Matando pola paz, cegados pola luz Que rouba a enerxía da terra que pisa Ata que está vacía, E, que mais ten o chan que pises? E de quen é aquelo que ti colles Por propio interés das malas intencións, Feridas marcadas no rostro, Mentres que quede alguén daquel sangue, Daqueles mortos, quixeron defender, A terra que era súa queríanlla coller ¿por que? A terra que era súa queríanlla coller ¿por que? Deixar pobos desertos, Sen nada que comer, Impoñen a súa lei de ter máis que ninguén, Explotan os recursos con divisións absurdas, Separan aos seres queridos, fillos e pais Escravizados, atados con cadeas, Os soños perderon no mar, Ao seu lugar de orixe, non voltarán, Non deixa de verter Non deixa de correr o sangue, Sufrindo sen poder, con pedras contra tanques, Sementes de vencerlles, con pedras contra tanques, Sementes de vencerlles... E neste mundo, ricos e pobres, Xa todo cheira, fronteiras son barreiras Daquelo que apodrece no sul, Non medra herba, No norte está o poder, Fincaron bandeiras co fin de protexerse, Impiden que inmigren as xentes Que coma ti, que coma el, Manteñen esperanzas, precisan dun fogar, Non sei, por que chamar futuro negro? Cando é branco o futuro, os poucos teñen moito, Que viven a conta doutros, da súa pobreza, Aumentarán riquezas, baixo prexuízos raciais Quitándolles o pan para pagar Políticas colonialistas occidentais. E xa a ninguén lle importa, A túa impunidade, ninguén soporta Que sigan pechadas as portas, Precariedade, provoca ás migracións, Perigo de morte en penosas condicións Para cruzar o Estreito nun cadaleito, Un longo treito, cheo de trampas tapadas con trabas legais, que atentan en contra de todos os dereitos humanos dos nosos iguais, actúan as autoridades cun criterio empresarial como se fosen inimigos, aos animais facéndolles o mal, esquécense as raíces, esquecénse as raíces de África túa nai!!!!