Parece que isto está moi morto Que non habita en min ninguén Que me mirou de lado un torto Que superei os límites Que mañá non o hei ver distinto Nin direi outra vez será Que nin che importa nin che minto E se me mintes éme igual. Unha vez quixen sen motivos Sen a menor das condicións Coa independencia dos esquivos E a lealdade das lexións Supediteime e soltei lastre E vinme a cen metros de min E superei aquel desastre Pero ante todo comprendín. Que eu nin podo nin quero nin debo Volverme fiar Da cultura da media verdade, da estafa Legal. Que eu xa corto e deserto e me aparto de Toda moral Que aprendín moito máis cuestionando o Saber popular. E xa virán tempos mellores Que non choviu sen escampar E só tes risas se tes dores E non hai loita que librar Que sempre houbo ricos e pobres E as pulgas a can fraco van Que a moito ruído, poucas noces E onde hai fume o lume está. E hai que gardar sempre das risas Que non se mama sen chorar Que non se pode estar na misa E ir para fóra repicar Que o tolo vai onde van todos Vicente vai no pack tamén E sempre andamos un por outro E a puta casa sen varrer. Que as nenas xogan con bonecas E os rapaciños con balón E a min sacábamas da caixa O meu veciño juan ramón Que o ateísmo é satanismo Porque algo máis terá que haber E viva o individualismo E o santo cu de cada quen. Que os homes son coma o bo viño Que sempre tende a ir a mellor E eu coñezo algún pobriño Que xa onde vai que se picou. E que se os extremos son malos E as medias tintas son xeniais E eu co xenio destrozado E eles a destrozarmo máis