Da aldea lonxana fumegan as tellas Detrás dos petoutos vai póndose o sol Retornan prós eidos coa noite as ovellas Tiscando nas beiras o céspede mol Un vello, arrimado nun pao de sanguiño O monte atravesa de cara ó pinar Vai canso; unha pedra topóu no camiño E nela sentóuse pra folgos tomar -¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!, ¡qué triste eu estóu! I on sapo, que oía, repuso -¡Cro, cro! ¡Ás ánemas tocan!... Tal noite como ésta Queimóuseme a casa, morréume a muller Ardéume a xugada na corte, I a besta Na terra a semente botóuse a perder Vendín prós trabucos bacelos e hortas E vou polo mundo de entón a pedir Mais cando non topo pechadas as portas Os cans sáienme a elas e fanme fuxir -Canta, sapo, canta; tí I eu ¡somos dous! I o sapo choroso, cantaba: -¡Cro, cro! Soliños estamos entrambos na terra Mais nela un buraco tí alcontras I eu non A ti non te morden os ventos da serra I a min as entranas I os ósos me rón Tí, nado nos montes, nos montes esperas De cote cantando, teu término ver Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras E morte non hacho, si quero morrer -Xa tocan... Recemos, ¡que dicen que hai dios! El reza, I o sapo cantaba -¡Cro, cro! A noite pechaba, I o raio da lúa Nas lívidas cumes comenza a brillar Curisco que tolle nos álbores brúa I escóitase ó lexos o lobo oubear O probe do vello cos anos cangado Erguéuse da pedra I o pau recadóu Viróu para os ceos o puño pechado E cara ós touzales rosmando marchóu Cos ollos perdidos o na escura estensión O sapo quedouse cantando: ¡cro, cro! ¡Cro, cro!