¿Onde vai nosa señora, onde vai Santa María? - Vai cara a banda do mar, vai cara a manda da ría. ¿Que dis a virxe, que dis, que dis Santa María? - ¿Cal será a meniña, cal que colla s frol d´augoa fria? - Non será dama nen deuda, que será a princesa Aldina, a princesa namorada filla do rei de Galicia tan feitiña e tan bonita c´aqueles seus ollos craros do color d´augoa da ría soio ti, Aldina, serás quen leve a frol d´augoa fria. erguete do leito, nena, ven cara a banda do mar, qu´anque ti veñas soiña en compaña has de tornar. Erguete do leito, nena, ven cara a banda da ría, qu´anque ti soiña veñas tornarás en compañía. Na torre do real palacio, anque inda está lonxe o día, móvense os liños dun leito; algunha xente se erguía ¡é a princesa! ¡Deul-a garde! Era a moi garrida Aldina que vai día de San Xoán catal-a frol d´augoa fria.