¡Boas tardes Maruxiña! vouche dicir unha cousa: se tí me queres a mín, eu non me caso con outra. Que te quero ben o sabes, non precisas preguntar, hai un ano que che dixen que me quería casar E vaite de aí, xa podes marchar que na miña vida che volvo falar. Tí tomaralo a risa, pero eu dígocho de veras que ando buscando rapaza e non atopo quen me queira Se non atopas quen te queira será porque eres malo e as rapazas terán medo que non cumplas no traballo. Dame un bico Maruxiña, non me fagas rabear, que se me fai de noitiña e téñome que marchar. Agora queres un bico logo despois é un abrazo e así pouquiño a pouco queres entrar no palacio.