Eu caseime no araño, coa filla dun arañón; ela bonita non é, pobre si, honrada non. AI LA LE LO... Heime de casar hogano, anque seña co raposo, héille de afeitar o rabo pra que seña vanidoso. AI LA LE LO... Sei tocare e sei bailare, tamén sei facelo tonto, como son fillo dun probe, teño que saber de todo!. AI LA LE LO... O raposo vai ó monte, pola rodeira do carro, leva os ollos na cabeza, e o cú debaixo do rabo. AI LA LE LO... Verbo xido, miña purria, que intervás por areona, héiche de valdri-los zuros e rosmarche na morrona. AI LA LE LO... Son de Lugo, son de Lugo, e non o pode negare; miráime pra miña cara, o leite que podo dare! AI LA LE LO... Os amores dunha vella son amores dunha santa, desque se deita na cama toda a noite o cú lle canta! AI LA LE LO... Miña nai como era probe fixo as papas nunha ola, eu como son fillo dela o que é rico que se foda!