Reclamamos, por galegos ós nacidos na lameira, ós que na dorna lixeira, arrincan peixe do mar. Os que no andamio e no xunque teñen ó progreso escravo, ós que tronzan co arado, a terra pra facer pan. Sonos nós, xente que leva, un facho na noite escura, xente que vai á procura da súa hestoria virar. Séculos de fame xorda na noite pecha perdidos, afogando a pena en viño sin lume pra nos quentar! O lusco co sacho ó lombo, pra xantar pan e touciño, co corpo morto, doido, sempre do carro a tirar. Aldraxados, iñorantes, pobo sin lei, divididos do sangue roxo, vencido, os caciques a zugar! Do fondo da nosa noite, da moura noite dos tempos, zoan, oxe, novos ventos, os ventos da libertá! Homes de tempos perdidos, ti, labrego, ti, obreiro, ti gandeiro, mariñeiro, poñéivos a camiñar! Somos nós, e soio nós, os donos do noso siño, abrindo un novo camiño na busca da libertá!