Primeiro Portomarín, logo Castrelo do Miño. ¡Dispois tocoulle As Encrobas sufrir parello destiño! Raposos capitalistas que non deixan un torrón, sementan todo de lixo, porcallada e polución. Nas nosas terras labregas, fértiles e feiticeiras, queren erger celulosas que cheiran como esterqueiras Queren encher a Galicia de industrias contaminantes e que o noso povo siga a producir emigrantes. As terras son dos labregos dende tempo inmemorial mais agora, sin razón, rouballas o capital. Cando o povo pide o seu con valente e baril mándanlle, pra contentalo, cabaleiros de servir. Hai pouco foi nas Encrobas, ás portas de Xove están, Si a algún lugar non chegaron axiña apareceran.