Anxo Vigo

Cando Era Neno

Anxo Vigo


Esa era a miña aldea, era a miña horta
Ese era o meu camiño, era o meu valado
Esa era a miña ponte, era o meu prado
Esos eran os montes, que eu quería tanto

Cantando estou, debaixo dun castiñeiro
Lembrandome de cando era neno
Aquelas corredoiras e camiños pequenos
Por onde eu corrín, cando era neno

Esa era a miña casa, era a miña fonte
Ese era meu regato, era o meu castaño
Esa era a cancela, onde tanto xogaba
Esa era a miña eira, de sonos e lembranzas

Cantando estou, debaixo dun castiñeiro
Lembrandome de cando era neno
Aquelas corredoiras e camiños pequenos
Por onde eu corrín, cando era neno

Esa era a miña leira, onde prantaba tanto
Ilusións e esperanzas, morriñas do pasado
Ese era o meu muiño, onde levaba o millo
Esa era a miña estrela, guiábame o camiño

Cantando estou, debaixo dun castiñeiro
Lembrandome de cando era neno
Aquelas corredoiras e camiños pequenos
Por onde eu corrín, cando era neno