Son as ondas do mar, e o vento ó pasar Son os ríos do meu lugar Carballeiras moi lonxe, entre pinos e silveiras Entre toxos e fieitos, entre valados desertos Eu quérote galicia, ficas no meu corazón A ledicia de ser galego, e a miña forza e paixón Galicia é un sentimento, e non hai outro igual Terra da nosa terra, terra dos nosos pais Sentimoste moi dentro, alá no noso ser E aínda que estés lonxe, aínda que lonxe estés Cada vez que ti falas, cada vez que murmuras Eu sempre perdo a cordura, por ti, miña fala A ledicia de ser galego, é un orgullo pra nos Que dozura as suas verbas cantando ó son Adórote galicia, adórote meu ben Teus murmurios o vento, e o mar que tes Se teus pais foron galegos e teus fillos son de aquí Somos xente afortunada, xa non hai mas que pedir Galicia e terra de letras, xente de mar e labregos De mulleres feiticeiras de meigas e canteiros Eu quérote galicia, ficas no meu corazón A ledicia de ser galego, e a miña forza e paixón Galicia é un sentimento, e non hai outro igual Terra da nosa terra, terra dos nosos pais