Hei de mandar facere Un corazón de madeira Que non saiba querere Que non sinta nin padeza Non quero que me queira Quen non me saiba querere Unha muller enteira Non precisa de ninguen-he Se queres irte vaite Se te vas vaite ben lonxe Onde non poida verte Nin te sinta nin te soñe Non te quixen nin te quero Nin me acordo xa de ti-e Non sei como te chames Nin sei se te coñecin-he Dicías que me amabas Pensaba que me querías Tanto me prometiches Só me quedan as mentiras Eiquí remato o conto Nin me choras nin me laies Quixente máis que a vida Que te ature túa nai-e