Xerión

Aqueles Que Nos Deixan Atrás

Xerión


No espertar dunha vermella mañá 
De morte negra, negras novas 
Pérdese no ar o tremor da compaña 
Estou só, ser Nada 
Sen recordos que me guíen quedo 
No hourizonte incerto da miña existencia trala lenta agonía de bágoas que se cravan, ser Eterno 
No valeiro ollar da morte 
Me consumo paseniñamente 
Sen o vello tempo que deteña 
A aqueles que nos deixan atrás