Asómate á xanela Se non pola da veciña E se non tedes xanelas Cabo de min prenda miña E se non tedes xanelas Cabo de min prenda miña Aldeíña de Moscoso Todo é terriña chan Onde hai caraveis e rosas Postas pola miña man Onde hai caraveis e rosas Postas pola miña man Ai, ven ao meu carón Meu ramalliño de menta Porque xunta min respiras Que son de pel morena Porque xunta min respiras Que son de pel morena Ai, que queres de min Que queres de min Se ata a iauga que bebo Pídoche permiso a ti E ando matando e roubando Só para manterte a ti Ai, que queres de min Que queres de min Se ata a iauga que bebo Pídoche permiso a ti E ando matando e roubando Só para manterte a ti Fun busca auga Na casca da balancía Nin bebín nin trouxen auga Nin falei a quen quería Nin bebín nin trouxen auga Nin falei a quen quería Ai, déixao ir Déixao ir miña prenda Cando n'o o queira ninguén Ha de vir a miña beira Cando n'o o queira ninguén Ha de vir a miña beira