Sol que alumea as treboas Dos fondos sofrimentos Voz que doutros espacios Nos ven eiquí a falar. Na múseca dos soutos No sospirar dos ventos No marmurar dos ríos E no muxir do mar. Por eso en longas terras De coitas e de dores Os fillos de galicia Morrendo tristes van. Tomade acó emigrantes Voltade a vosa terra Que a nosa patria berra Hai tanto que arranxar. Facer ao escravo libre Votar da casa a fame Que o que traballa gane Que todos teñan pan. Que o trigo encha as artesas Que fuxan os doores Que non haxa señores Que veña a libertá. Quen dixo que era probe A rica terra nosa Quen dixo que saudosa Quen tanta crueldá. A nosa terra é nosa A nosa espranza é nosa Compre facer xusticia Xa é hora de falar. Galicia nome santo Que dixen con ledicia De neno e que hoxe lembro Co lume da pasión. Cando morrer eu vaia O nome de galicia Direino misturado Co nome do meu dios.