A noite é de pedra De pedra os muros E as tebras de pedra O chan e as reixas As cadeas e as portas O ar e as fenestras E as olladas lonxanas Tamén son de pedra Os corazós dos homes Que ó lonxe espreitan Coma o seu sangue Tamén son de pedra I eu morrendo Nesta noite de pedra E de menceres mortos Longa noite de pedra