Cando non podas durmir e teñas medo Sabes ben que estou aquí, estou esperto Podemos falar e rir, e que importa o resto? I é que cando ti estás aquí todo é perfecto Pecha a porta un momento Deixa que pase o tempo, non quero marchar A xente fala moito e mal de ti, e tamén o entendo Que nunca ha saír o sol pa quen non queira velo Pero xa se podía pudrir o mundo enteiro Que se ti estás xunto a min, todo é perfecto Penso en ti cada momento Todas as cancións sonan igual Pensarás que non é en serio Pero nunca dixen tanta verdá Cando non podas durmir e teñas medo Sabes ben que estou aquí, estou sempre esperto E xúrame que vas abrir mañá eses ollos negros E que os abrirás aquí se agora os pecho