Amo a vida esperta, terma disto agora quero bailar Non hai día de festa, ao que eu vaia faltar Pero pega a orella, sempre hai cousas duras que contar E aínda que non queiras, agora hasme ter que escoitar Por exemplo é molesta a cara que xiras cando me ves pasar E tamén creo que apesta que só unha de cen veces vaias contestar Pero ben sabes que me presta e presta ben presta cando por fin podemos falar E quitas a careta e quito a careta e hai dúas caras sen maquillar Déixame pasar, que me quero calmar, porque Eu son un animal, son un porco, e a veces son un can Segue a festa e eu coa gorxa desfeita e son as tantas da mañá A xente está contenta a xente está desperta que é o peor que podía pasar? Pero gardo na cabeza aquí un par de cousas que ma van facer estoupar E claro ti tampouco axudas cando dis que hoxe non será Non te sintas mal, pero un dia caerás, porque Eu son un animal, son un porco, e a veces son un can