Que nos pensas ofrecer pra nos mercar Que nos pensas inxectar pra nos parar Que nos pensas regalar que nos vas a dar Papara papapará Quero ver a onde camiña a integridade No camiño depresivo desta necidade Non hai vento que o derribe, onda no mar Papara papapará Correr, pensar, fuxir e non regresar Tocar coas mans a liberdade E non mirar xamais cara atrás Romper, medrar, amar e non renunciar A ser feliz seguir a soñar Morrer co corazón entre as mans Quero ver como respiran as nosas vidas Sen o filtro azulado da súa desidia Coa miña lingua lamberme as feridas E non deixar de rebelarme e actuar Tomar partido, facer ruído pensando en plural Queimar o circo das mentiras co meu cantar Papara papa pará Correr, pensar, fuxir e non regresar Tocar coas mans a liberdade E non mirar xamais cara atrás Romper, medrar, amar e non renunciar A ser feliz seguir a soñar Morrer co corazón entre as mans