Pomba de brancas anzas se ollas ó pé das augas Á mai belida fada esa é a miña amada Pomba que voas leda se ves na banda da ría Á máis belida flor, esa é a miña amiga E miña amiga coma as cores s da mañá Feiticeira e garimosa coma unha noite de van E miña amiga vimbro de xunca lanzal Arrecendente froliña aloumiño do luar Que non brile máis a lúa nin luceiro da mañá Se miña amiga perto de min non está Que sequen todas as fontes e quede sin auga o mar Se miña amiga perto de min non está Ehi vái, véla que ben vái, miña amiga pola ría Camiño de seu casal Os seus cabelos son loiros coma as areias do mar E as estreliñas rebrilan no medio do seu ollar Anduriña, anduriña, se viras cabo da ría Á máis xentil e benfeita, a millor, a máis belida ¡Esa é miña amiga! ¡Esa é miña amiga!