Luar na Lubre

Romance de Bernaldino e Sabeliña

Luar na Lubre


Polo mundo me vou, madre, 
polo mundo a camiñar(e) 
en busca de Bernaldino 
que no o podo atopar(e). 

E se foi de terra en terra 
e de lugar en lugar(e) 
topou unha lavandeira 
lavando nun areale.

-De Bernaldino señora 
Que novas me pode dar(e)? 
-Bernaldino, é da reina 
o paxeciño galan(e). 

Ao decir estas palabras 
Bernaldino a porta sae 

-Quen te trouxo aquí Sabela, 
Quen te trouxo a este lugar(e)? 

-Teus amores Bernaldino, 
por aquí me fan andar(e). 
colleronse polo brazo, 
Puxeronse a pasear(e). 

En canto os vira a raiña 
aos dous mandara matar(e) 
a ella enterrana no coro, 
enterrano no altar(e). 

Dela naceu unha fonte, 
E del un verde olivar(e); 
Tanto crecen un e outro 
Que aos ceos foron chegar 

Cando os ventos sopran mainos 
os dous se queren falar(e) 
Cando os ventos sopran recios
os dous se queren bicar(e)