Ala na alta noite que todo e silêncio Mentras todos dormen, mociños e vellos Cando a branda chuvia caendo do ceo No chan asomella camiñar de espectros Cando tumba o trono e bruan on ventos Polas taboas vellas xunto do meu leito Pensando en teus ollos e teus roxos beizos Eu non sei que sinto dentro do meu peito Soio sei que entonces Meus ollos despertos cobrense de baguas Pensando que lexos Muy lexos, ainda, me alcontro do ceo Que lonxe mui lonxe o meu pensamento Camiña buscando algo que non teño Da luz morticeira co vago destelo Nas brancas paredes refrexada vexo Tua imaxen divina, imaxen que eo creio Do anxel da guarda velando o meu leito Mollado nas baguas que os ollos verteron Un escapulario da mai do carmelo Nas mans atopeime recordo pimeiro Que do teu cariño conservo no peito Sorrindo parece que a virxen do ceo Miroume un istante E o ver canto peno Espera me dixo co seu douce acento Espera mui lonxe repiteu un eco I alo no camiño da cruña dereito Seu dolce recordo gardeilo no seo Sequei os meus ollos, calaron os ventos