Unha noite na eira do trigo Ó refrexo do branco luar Unha nena choraba sin trégolas Os desdés dun ingrato galán I a coitada entre queixas decía Xa no mundo non teño a ninguén Vou morrer e non ven os meus ollos Os olliños do meu doce ben Os seus ecos de malencolía Camiñaban nas alas do vento I o lamento repetía Vou morrer e non ven o meu ben Lonxe dela de pé sobre a popa Dun aleve negreiro vapor Emigrando camiño de américa Vai o probe e infeliz amador I ó mirar as xentís anduriñas Cara a terra que deixa cruzar Quen pudera dar volta pensaba Quen pudera convosco voar Mais as aves e o buque fuxían Sin ouir seus amargos lamentos Solo os ventos repetían Quen pudera convosco voar Lairaraira Noites craras de aromas e lúa Desde entón que tristeza en vós hai Pros que viron chorar unha nena Pros que viron un barco marchar Dun amor celestial verdadeiro Quedou solo de bágoas a proba Unha cova nun outeiro I un cadavre no fondo do mar