Adiós, ríos; adios, fontes; Adios, regatos pequenos; Adios, vista dos meus ollos: Non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, Terra donde me eu criei, Hortiña que quero tanto, Figueiriñas que prantei, Prados, ríos, arboredas, Pinares que move o vento, Paxariños piadores, Casiña do meu contento, Muíño dos castañares, Noites craras de luar, Campaniñas trimbadoras, Da igrexiña do lugar, Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor, Camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡adios groria! ¡adios contento! ¡deixo a casa onde nacín, Deixo a aldea que conozo Por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, Deixo a veiga polo mar, Deixo, en fin, canto ben quero... ¡quen pudera non deixar!... ¡adios tamén, queridiña!... ¡adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando Desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, Si morro de soidás... Tantas légoas mar adentro... ¡miña casiña!,¡meu lar! Tantas légoas mar adentro... ¡miña casiña!,¡meu lar!