CASA DE PEDRA Sombras levadas polo vento A lua dunha estrada secundaria Aquel corazón cansado que deixou A noite. Será mellor durmir un pouco. Ponse a chover. Sempre chove Cando ti morres. Se eu puidera detería O tempo xusto nos teus ollos conmovidos. Recuperar os trazos da tarde. Utilizar Unha feliz expresión. Viaxar a un Diccionario de palabras aladas. Teño toda a casa pra mín. Voute convidar a almorzar.