Vexo medrar procreos, fobias do mal maior Pasivos devorados, arredor Fermosa aberración, anega as propias veas Sorrisos desgraciados, nesa visión Comprende ben, aprende a desgarrar Ficción indestrutible, non natural Deciden puritanos: aborto é inmoral Non así a tiranía e poder fusilar Por que esa ira, por que señor O ben non chega, coa resurrección Un mundo baixo fobias, separando Comercio da moral, control dende o altar Bestas sobre esa copa convidan a brindar Beben seu sangue non é casual Expulsados por non ter fe, sen nada que nos salve Abrasados por non crer, pastores piden sangue Chagas que non se selan, imaxes do fatal Reclaman subsistencia, cal é a misión? Abuso a menores, violación silenciada Que mandamentos dis que temos que cumprir? Apestan rezos falsos, cando a mentira é arte A túa caridade puro interese Asisten condenados, no corredor da morte Detesto a idea que tes do perdón