-Hi, Rufina hermosa, ¿tí qué fás ahí...? -Estóu gardando o gado; ben mo ves aquí. -Hi, Rufina hermosa, ¿tí gardas o gado? -Xa Dios me criou pra este traballo. -Hi, Rufina hermosa, ¿queres vir comigo? N´eses montes solacorreche peligro. -¡Hi, Xesús divino! ¡quen tal me desea...! Querer que se perda a facenda allea. -Non che digo eso, nin tal como eso, dígoche que veñas á tomar o fresco. -A tomar o fresco non vou, nin irei; vou gardar o gado, que o perderei. -O gado, Rufina, non che dea cuidado; que si tí o perden, eu irei buscalo. -¡Hi, Xesús divino! ¿seica ves ufano...? ¡Con mangas de seda gardar o mei gado! - Mangas e vestidos teño de romper, Rufiniña hermosa por che dar placer. -Vaite d´ahí, humano, non me deas pena, que ha de vir meu amo traerme a merenda. -E se ven teu amo, ¿en que te ocupaches? veu un trobón d´auga, e que t´abrigaches. -Sei contar verdá, eu mentir non sei, vou gardar o gado, que o perderei. -¡O que estás de bravo e d´impertinente...! homes non son lobos que coman a xente. -E se estóu de bravo, fago moito ben; que se estóu de bravo, todo me convén. -¿Todo che convén? dígoche eu que non. Linda, m´has de ter no teu corazón. -Vaite d´ahí, "majo", non me deas tormento. non te podo ter no meu pensamento. -Xúroche, Rufina, á fé de quen son que tí es miña hirmá, i-eu teu hirmáo son, -Se tí es meu hirmáo, i-eu túa hrimá son, de canto che dixen, pídoche perdón. -Pídeme perdón; estache perdonado. Dame a túa mao ponte d´acabalo. - Xente de fuga garde o meu gado qu´ahí vai Rufina co seu namorado.