Era unha noite de lúa, era unha noite crara, eu pasaba polo río,de volta da muiñada! Topei unha lavandeira que lavaba ó par da i-agua ela lavaba no río, e unha cántiga cantaba! Moza que ves do muiño, moza que vas pola estrada: axúdame a retorcere miña sábana lavada! Santa María te axude, e San Lourenzo de valla! Desaparece a lavandeira como fumeira eapallada. Onnde as sábanas tendera poza de sangue deixara! Era unha noite de lúa, era unha noite crara!