O muiño treina treina o grau fáino treinare hei de decí-lo que penso agora que vou cantare. Canta gordo, canta gordo, meu irmau, Manoeliño, canta gordo, canta gordo, que eu cantarei delgadiño. Al LO LA LO LA LO LA. Agora coa democracia ven e dereito a votare o dereito é pra homes libres nosa libertá emigrare. A chumbeira da xusticia non vin cousa somellante! colle os peixes pequeniños e deixa fuxi-los grandes! Al LO LA LA LA LA Os diputados nas Cortes falan de moito sandiose falan, e falan e falan, e o traballo é para nose. Seica a vaca xa non daba pra tanto lambón chupare; agora coa autonomía novos tetos van armare!