Unha nena eu atopei No camiñiño dun monte Viña soa e seus ollos Estaban roxos de chorar Que che pasa miña nena Porque choras dimo a min Porque ves así tan triste Meteuse contigo alguén E ela non dicía nada A sua man me ensinou Traia unha presa de terra Que dixo seu pai lle deu Que é o que queres que che diga Se non podo nin falar Esta presiña de terra É un recordo do meu pai Desde antonte está enterrado E non o podo esquecer Que é o que queres que che faga Miña nai morreu tamén Eu collina pola man E tamén chorei con ela Leveina pra miña casa Crieina como unha irmá Xa non chores miña nena Que aínda que non son teu pai Hei quererche rapaciña Hei quererche de verdade Unha nena eu atopei No camiñiño dun monte Viña soa e chorando Porque xa non tiña pais Porque xa non tiñaa Pais