Como chove miudiño Como miudiño chove Como chove miudiño Pola banda de laíño Pola banda de lestrove Misteriosa regadeira Fino orballo no chan pousa Con feitiña curvadeira Remollando na ribeira Frol por frol, chousa por chousa Semellando leve gasa Que sotil o vento move En frotantes ondas pasa Refrescando canto abrasa O que o sol ardente crobe ¡Que inchadiña branca vela Antre os millos corre soa Misteriosa pura estrela! Dille o vento en torno dela Palomiña, ¡voa!, ¡voa! Como chove miudiño Como miudiño chove Como chove miudiño Pola banda de laíño Pola banda de lestrove ¡Como chove miudiño Polas veigas de campaña! ¡Cal se enxugan de camiño Os herbales de laíño! ¡Como a ponte en sol se baña! Os que son nela nacidos Os que son dela mimados Lonxe dela están doridos Porque van de amor feridos Por quen fono amamantados Polos fillos a nai tira Xorda, triste, plañideira Xeme, chora, e mais sospira E non para, hastra que os mira Ben chegar por derradeira ¡Probe nai, canto te quero! ¡Nai tamén, ¡ai!, da nai miña! O teu chan de amor prefiero A canto hai grande ou severo En toda a terra xuntiña ¿Como non si ora estou vendo Nun paisax de prata e rosas Canto a vida foi querendo Cos meus ollos remexendo Memoriñas cariñosas? Como chove miudiño Como miudiño chove Como chove miudiño Pola banda de laíño Pola banda de lestrove ¡Como chove miudiño Polas veigas de campaña! ¡Cal se enxugan de camiño Os herbales de laíño! ¡Como a ponte en sol se baña!