Ai non, baixo o luar tras esta lua Paseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu Hoxe ai brétema e a city ten un ceu de seu, miro ao ceu A xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección Seguindo cadanseu senlleiro Levando aqui dende o solpor Espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa Ninguen descansa, aquí todo segue esperto Cando espeta a alborada agora cada vez mais perto Isto convértese no meu leito E repito por séptima vez, non teño flow O que teño é xeito Palpítame este peito Axexando a ría q me veu nacer, todo semella tan perfeito Voo entre xoaniñas E sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña Ai non, unha noite máis nesta cidadeee Pérdemonos entre a densidadeee Son momentos de non esquecer Ven, déixate caer mentres non chega o mencer E lo? Xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe? Achache unha mensaxe escrita noutra identidade Abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas Que aboian no roxo atmosférico con claridade Hai persoas a mancheas Rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas E ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo O mesmo sitio coa misma esencia de seu Monumentos que semellan de papel Somos máis do que pintamos, é que temos un aquel Que, aaaaaai os locais aspiran fume Mentres luces da cidade xa semellan vagalumes E que hai cousas que non teñen traducción Hai xeitos de falar que din millor o que sentimos Sacando a máis sincera expresión Se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos Ai non, unha noite máis nesta cidadeee Pérdemonos entre a densidadeee Son momentos de non esquecer Ven, déixate caer mentres non chega o mencer